Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre as funcións de relación dos seres vivos, material para facer traballos... ESPERO QUE VOS SEXA UNHA AXUDA


Manuel Ramos Iglesias






lunes, 18 de octubre de 2010

Os seres vivos e as funcións de relación

A relación nos seres vivos
Que son as funcións de relación?: Son aquelas que permiten a un ser vivo recibir a información do exterior ou do seu interior e responder a ela da forma máis adecuada para asegurar a súa supervivencia.
En toda función de relación distinguimos
Estímulo: Percíbese polos órganos dos sentidos.
Receptor: Capta o estímulo.
Efector: Recibe a información que lle transmite o receptor e executa unha resposta.
Resposta: Execútana os receptores.
Estáticas: Non se produce movemento (secrecións).
Dinámicas ou taxias: Producen movemento.
Positivas: Cando se achegan ao estímulo.
Negativas: Cando se afastan do estímulo.
Tipos de movementos celulares
Ameboide: As amebas
Pseudópodos (amebas, glóbulos blancos do sangue,...)
Vibrátil: Os paramecios
Cilios (paramecio)
Flaxelo (espermatozoide)
Contráctil
Filamentos contráctiles (protozoos, células musculares,...)
Turxescencia
Ganancia ou perda de auga (estomas das follas,...)
A relación nas plantas
Tipos de respostas
Tropismos: Están relacionados co crecemento da planta.
Positivo: Achegase o estímulo
Negativo: Afástanse do estímulo
Nastias: Cambios rápidos e pasaxeiros de certas partes da planta.
Fotoperiodicidade: Cambios debidos aos cambios de iluminación que hai o longo das estacións do ano.
Como regulan as respostas as plantas?
Hormonas vexetais: Teñen capacidade para activar ou inhibir algunhas das súas actividades (crecemento, floración,maduración de froitos, caída das follas,...)
Tropismos
Fototropismo: Crecemento das plantas cara a luz.
Xeotropismo: Crecemento das raíces cara o chan por efecto da gravidade.
A relación nos animais: Os receptores
Órganos sensoriais: Detectan estímulos
Coordinación nerviosa: Procesa a información
Coordinación química: Procesa a información
Efectores: Executan a resposta
Receptores: Células nerviosas,  grupos de células sensitivas e órganos sensoriais
Tipos
Externos: Recollen a información procedente do exterior.
Internos: Recollen a información do medio interno.
Segundo o tipo de estímulo, poden ser
Fotorreceptores: Para os estímulos luminosos
Quimiorreceptores: Para as substancias químicas
Mecanorreceptores: Responden a estímulos mecánicos
Termorreceptores: Para discriminar a calor e o frío
Electrorreceptores: Para detectar a enerxía eléctrica
Exemplos de receptores
Fotorreceptores
Ocelos: So detectan a luz (augamares)
Omatidios: Moitos ollos simples que dan unha visión en mosaico (insectos)
Ollos: Como o dos vertebrados
Mecanorreceptores
Boca
Antenas
Patas
Pel
Liña lateral (peixes)
Quimiorreceptores
Antenas (invertebrados)
Patas (invertebrados)
Cavidade nasal (vertebrados)
Lingua (mamíferos)
Cavidade bucal (vertebrados)
Termorreceptores
Superficie corporal (mamíferos)
Lingua (mamíferos)
Antenas (algúns insectos)
Foseta: Entre os ollos e as fosas nasais (algunhas serpes)
A relación nos animais: A coordinación e os efectores
Sistema hormonal ou endócrino
Glándulas endócrinas
Hormonas
Sistema nervioso
Neuronas
Partes
Os nervios
Sensitivos: Comunican os órganos receptores cos centros nerviosos
Motores: Comunican os centros nerviosos cos órganos efectores
Centros nerviosos
Reciben a información dos receptores
Elaboran as respostas
Envían as respostas os órganos efectores
Sistemas nerviosos segundo a súa complexidade
Redes de neuronas: Invertebrados sinxelos
Cnidarios: Redes de conexión
Redes de ganglios e nervios: Invertebrados complexos
Platihelmintos e anélidos
Ganglios cuxas prolongacións forman cordóns nerviosos
Artrópodos
Ganglios que dan lugar a
Cadea nerviosa central
Ganglio principal (ganglio cerebroide)
Complexos
Cerebro
Encéfalo
Medula espiñal
Nervios
Ganglios
Efectores: Células especializadas en elaborar respostas
Secreción de substancias
Movemento
Exemplos de locomoción nos animais
Por cilios: Animais mariños moi sinxelos (ctenóforos)
Paletas natatorias
Reptación
Lineal
En zigzag
Propulsión a chorro
Sifón
Voo
Hidrostática (nos equinodermos)
Natación